Cliente: Concello de Arteixo. En colaboración con Intanxibles.
Proxecto: Feira Histórica
Elementos: Deseño do cartaz, folleto e anuncios de prensa.
Data: 2010
A nosa visión: Xa é o cuarto ano consecutivo que temos a sorte de deseñar a imaxe desta feira tan interesante. Un universo que cada volta toma inspiracións moi diferentes: a emigración, a lenda, a tradición e mesmo o estraperlo. Unha vez que nos propoñen a temática rebulimos no maxín para buscar algo que a poña de manifesto. Este ano cunha estética máis moderna do acostumado.