Cliente: Concello de Santiago.
Proxecto: Parques de Santiago de Compostela.
Elementos: Deseño de guía do Parque de Brandía
Data: 2010
A nosa visión: Ás veces un non sabe das marabillas que ten ao seu redor. Este traballo serviu para decatarnos dos fermosísimos parques que ten a nosa cidade e da riqueza forestal que posúen. Fixemos unha maquetación sinxela, que resaltase as fotos, cun planiño para orientarse na visita ao espazo verde. Acabamos de rematar a maquetación da guía da Selva Negra, outro pracer para os sentidos.