O verde ekinocio non é unha cor... é unha esencia... algo que fica reflectido en todos os nosos proxectos. Alguén dixo un día que eramos moi «frescas».
- Frescas? Coma unha leituga...? Porque queda claro que non dixo que eramos unhas frescas, verdade?
- Non, non, dixo que eramos «frescas», no senso de espontáneas.
En ekinocio somos así, frescas coma leitugas, divertidas, distintas... A nosa filosofía de traballo ten como máxima a satisfacción das súas necesidades empregando a creatividade como valor principal, tentando achegar solucións innovadoras e orixinais.
Entre os diferentes servizos que ofertamos destacan: · Comunicación corporativa (logotipos, publicidade, rotulación...)· Ilustración e deseño editorial (libros, revistas, boletíns...)
· Imaxe de eventos e campañas publicitarias
· Deseño web Oito anos de experiencia laboral no eido da comunicación e a publicidade permítennos manexar unha gran variedade de formatos, materiais e contidos... e alén diso dar prioridade ás personas, empresas e entidades coas que traballamos.
Se ten un proxecto, un soño ou ilusión, axudarémoslle a materializalo.
